A Consellería de Sanidade acolleu esta mañá una nova xuntanza da Mesa Sectorial na que se abordaron de xeito monográficos demandas desta categoría
O Servizo Galego de Saúde propón un conxunto de medidas laborais para o persoal médico de urxencias hospitalarias
Os incrementos retributivos propostos pola Administración sanitaria supoñen un incremento do importe da hora de atención complementaria e o abono como pre-festiva a noite do venres
Ofértase, ademais, a modificación do réxime de descansos con carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro
O Servizo Galego de Saúde comprométese a revisar no último trimestre do ano a dotación de persoal da categoría de médico de urxencias hospitalarias, que actualmente conta con 149 prazas máis que en 2024
Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2026
O Servizo Galego de Saúde, formulou hoxe unha proposta de melloras laborais para o persoal médico de urxencias hospitalarias. A Consellería de Sanidade acolleu hoxe unha xuntanza da Mesa Sectorial que abordou, de xeito monográfico, as demandas desta categoría profesional.
Os incrementos retributivos propostos polo Servizo Galego de Saúde supoñen un incremento progresivo do importe da hora de atención complementaria e o abono como xornada prefestiva a noite dos venres.
Desde a Administración Sanitaria propúxose, tamén, a modificación do cómputo de réxime de descansos do persoal médico de urxencias hospitalarias, baixo os mesmos criterios que se acorden para o persoal dos PAC e con aplicación retroactiva desde o 1 de xaneiro de 2026.
Ademais, a Consellería de Sanidade manifestou a súa disposición a replicar o sistema de servizos de localización que se aplicou no último Plan de inverno, sempre que os picos puntuais de actividade asistencial xustifiquen a necesidade.
A Xunta comprométese a realizar no último trimestre do ano un novo estudo de necesidades da categoría de médico de urxencias hospitalarias, co fin de avaliar a carga asistencial a posible necesidade de novas prazas.
A este respecto, lembrouse que grazas aos reforzos impulsados nos últimos anos, o sistema sanitario público galego conta na actualidade con 149 prazas máis que no 2024 na categoría de médico de urxencias hospitalarias.
A Consellería de Sanidade busca recoñecer a dedicación do persoal de urxencias, avanzando na homoxeneización das condicións laborais de todos os profesionais do sistema público galego.