A Xunta colabora coa Asociación Semana Santa de Burela nas celebracións deste ano

Lugo, 9 de marzo de 2026

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, reuniuse hoxe con representantes da Asociación Semana Santa de Burela para abordar a colaboración nas celebracións deste ano, organizadas por este colectivo e pola Confraría do Santísimo Cristo e María Santísima das Dores.

Arias destacou a dimensión social, cultural e turística da Semana Santa, e enmarcou esta cooperación no apoio da Administración autonómica á promoción e impulso do turismo no municipio. 

O Goberno galego colabora coa elaboración do cartel anunciador, así como coa gravación de diferentes actos e procesións e a preparación de montaxes audiovisuais e dun vídeo resumo final para publicar todos estes contidos en redes sociais. 

Entre as actividades que se difundirán figura o acto de 30º aniversario da confraría organizadora, dous viacrucis as procesións da Borriquita, a Oración na Horta das Oliveiras, O Caladiños, a Virxe da Esperanza e O Encontro.

Data de actualización: 09/03/2026