O avance nas obras da senda Milladoiro–Intermodal fará necesario cortar o tráfico este mércores no enlace da AG-56 coa SC-20 e a AP-9 en sentido Santiago
Trátase de levar a cabo a montaxe dunha pasarela no punto quilométrico 1+390 da nova senda
A previsión inicial e que esta afección ao tráfico se limite á xornada deste mércores, en horario diúrno, entre as 9.00 e as 20.00 horas
Durante o tempo que duren estas restricións habilitaranse itinerarios alternativos para facilitar a mobilidade do tráfico
Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2026
O avance nas obras da senda peonil e ciclista Milladoiro–Intermodal fará necesario realizar un corte puntual de tráfico este mércores, día 11 de marzo no enlace que conecta a autovía AG-56 coa SC-20 e coa AP-9 en sentido Santiago.
A restrición da circulación é necesaria para levar a cabo a montaxe dunha pasarela no punto quilométrico 1+390 da nova senda, unha operación que require a ocupación da zona e a adopción de medidas especiais de seguridade durante os traballos.
A previsión inicial e que esta afección ao tráfico se limite unicamente á xornada do mércores, en horario diúrno, entre as 9.00 e as 20.00 horas.
Os ramais que permanecerán pechados durante ese período serán os seguintes:
· Ramal 72, saída da AG-56 e incorporación á SC-20 en sentido Santiago (punto quilométrico 72+000 a 72+400).
· Ramal 70, incorporación á AG-56 desde a SC-20 en sentido Santiago (quilómetro 70+000 a 70+400).
· Ramal 71, incorporación á AG-56 desde a SC-20 en sentido Santiago (quilómetro 71+000 a 71+900).
Durante o tempo que duren estas restricións habilitaranse itinerarios alternativos para facilitar a mobilidade do tráfico.
Así, o tráfico procedente da AG-56 cara a Santiago pola SC-20 deberá incorporarse á SC-20 en sentido Milladoiro polo ramal 73 e realizar o cambio de sentido na glorieta do Milladoiro.
Pola súa banda, o tráfico procedente da SC-20 en sentido Santiago que se incorpora á AG-56 ou á AP-9 deberá continuar pola SC-20 en sentido Santiago ata a glorieta de enlace co Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), onde poderá efectuar o cambio de sentido para incorporarse posteriormente á AG-56/AP-9 desde a SC-20 sentido Milladoiro polo ramal 74.