O seguimento na quenda de tarde da folga de facultativos de atención primaria acada o 4,38 % na Sanidade Pública Galega

A Consellería de Sanidade insta ao sindicato O'Mega a sumarse ao acordo maioritario sobre atención primaria para evitarlles a pacientes e profesionais os efectos dun paro indefinido

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2026

O seguimento da folga de facultativos de atención primaria convocada pola organización sindical O’Mega na quenda de tarde deste luns foi do 4,38 % nos centros sanitarios da comunidade galega.

Por áreas sanitarias, o seguimento na área sanitaria da Coruña e Cee foi do 3,36%; na de Santiago de Compostela e Barbanza, 0,88 %; na de Pontevedra e O Salnés, 7,14 %; e na de Vigo, 12,5 %. O paro non tivo seguimento esta tarde nas áreas sanitarias de Ferrol, de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos nin da de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

O Servizo Galego de Saúde conta na xornada de hoxe coa cobertura do 100 % dos servizos mínimos, garantindo a actividade asistencial urxente e de emerxencias.

Como consecuencia da folga de facultativos de atención primaria convocada pola organización sindical O’Mega nas cinco xornadas de folga da semana pasada suspendéronse 26.668 consultas en Galicia.

A Consellería de Sanidade insta a O'Mega a sumarse ao acordo maioritario sobre atención primaria para evitarlles a pacientes e profesionais os efectos dun paro indefinido.

Data de actualización: 09/03/2026