A Xunta felicita a selección feminina de rugby M19 que revalidou o título de campioa de España no CESA 2ª división
2026-03-09
/documents/35297/2046588/26030920260309RecepcionSeleccionRugbyM19.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2026
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado polo secretario xeral para o Deporte, Roberto García, recibiu hoxe as integrantes da selección galega de rugby M19 que revalidou o título de campioa de España no nacional de Seleccións Autonómicas de 2ª división disputado na localidade toledana de Yuncos.
Diego Calvo felicitounas polo gran momento que atravesan, tal e como deixaron patente nun campionato no que remataron invictas e sen encaixar nin un só punto en contra.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 09/03/2026