A Xunta destaca o legado da emigración española en Brasil e o papel histórico do Centro Español de Santos no seu 130 aniversario

Santos (Brasil), 11 de marzo de 2026

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu á estrea do documental Los Inmigrantes, dedicado á historia da emigración española no Brasil e ao legado da colectividade galega asentada na cidade de Santos, unha das principais portas de entrada da inmigración europea en América Latina entre finais do século XIX e comezos do século XX. A proxección puxo en valor a historia de miles de homes e mulleres que cruzaron o Atlántico en busca dun futuro mellor —moitos deles procedentes de Galicia— e que contribuíron co seu traballo ao desenvolvemento económico, social e cultural do país.

Durante o acto, destacou tamén o papel histórico do Centro Español de Santos que cumpre 130 anos, unha das colonias españolas máis importantes do mundo, que ao longo de décadas funcionou como espazo de acollida, solidariedade e preservación da identidade cultural para varias xeracións de emigrantes e descendentes. Esta visita enmárcase na axenda institucional que o secretario xeral desenvolverá esta semana no Brasil, na Arxentina e no Uruguai, centrada en reforzar os vencellos coa colectividade galega residente no exterior.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/03/2026