O seguimento na quenda de tarde da folga de facultativos de atención primaria acada o 3,50 % na sanidade pública galega

A Consellería de Sanidade insta ao sindicato O'Mega a sumarse ao acordo maioritario sobre atención primaria para evitarlles a pacientes e profesionais os efectos dun paro indefinido

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2026

O seguimento da folga de facultativos de atención primaria convocada pola organización sindical O’Mega na quenda de tarde deste mércores foi do 3,50 % nos centros sanitarios da comunidade galega.

Por áreas sanitarias, o seguimento na área sanitaria da Coruña e Cee foi do 1,96 %; na de Pontevedra e O Salnés, 4,76 %; e na de Vigo, 11,76 %. A folga non tivo seguimento na área sanitaria de Ferrol, na de Santiago de Compostela e Barbanza, na de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras e na de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.

O Servizo Galego de Saúde conta na xornada de hoxe coa cobertura do 100 % dos servizos mínimos, garantindo a actividade asistencial urxente e de emerxencias.

Como consecuencia da folga de facultativos de atención primaria convocada pola organización sindical O’Mega, en sete xornadas de folga, entre o luns 2 e o martes 10 de marzo, suspendéronse 34.942 consultas en Galicia.

A Consellería de Sanidade insta a O'Mega a sumarse ao acordo maioritario sobre atención primaria para evitarlles a pacientes e profesionais os efectos dun paro indefinido.

Data de actualización: 11/03/2026