O seguimento na quenda de mañá da folga de atención primaria acada o 5,98 % na sanidade pública galega

No que vai de mes, o paro supuxo a suspensión de 38.696 consultas

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2026

O seguimento da folga de atención primaria convocada polas organizacións sindicais CIG e O’Mega na quenda de mañá deste xoves foi do 5,98 % nos centros sanitarios da comunidade galega.

Por áreas sanitarias, o seguimento na área sanitaria da Coruña e Cee foi do 9,08 %; na de Ferrol, 6,27 %; na de Santiago de Compostela e Barbanza, 6,41 %; na de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, 1,98 %; na de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 2,33 %; na de Pontevedra e O Salnés, 5,79 %; e na de Vigo, 8,60 %.

O Servizo Galego de Saúde conta na xornada de hoxe coa cobertura do 100 % dos servizos mínimos, garantindo a actividade asistencial urxente e de emerxencias.

Como consecuencia da folga de facultativos de atención primaria convocada pola organización sindical O’Mega en oito xornadas de folga, entre o luns 2 e o mércores 11 de marzo, suspendéronse 38.696 consultas en Galicia.

Data de actualización: 12/03/2026