O seguimento na quenda de tarde da folga de atención primaria acada o 3,78 % na Sanidade Pública Galega

En oito xornadas de folga, entre o luns 2 e o mércores 11 de marzo, suspendéronse 38.696 consultas en Galicia

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2026

O seguimento da folga de atención primaria convocada polas organizacións sindicais CIG e O’Mega na quenda de tarde deste xoves foi do 3,78 % nos centros sanitarios da comunidade galega.

Por áreas sanitarias, o seguimento na área sanitaria da Coruña e Cee foi do 3,81 %; na de Ferrol, 4,7 %; na de Santiago de Compostela e Barbanza, 3,08 %; na de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 1,35 %; na de Pontevedra e O Salnés, 0,85 %; e na de Vigo, 7,92 %.  Non contou con seguimento na de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.

O Servizo Galego de Saúde conta na xornada de hoxe coa cobertura do 100 % dos servizos mínimos, garantindo a actividade asistencial urxente e de emerxencias.

Como consecuencia da folga de facultativos de atención primaria convocada pola organización sindical O’Mega en oito xornadas de folga, entre o luns 2 e o mércores 11 de marzo, suspendéronse 38.696 consultas en Galicia.

Data de actualización: 12/03/2026