A Xunta pon en valor a colaboración institucional como peza clave para seguir impulsando a presenza da cultura galega no exterior
Bos Aires (Arxentina), 12 de marzo de 2026
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto co delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, mantivo unha reunión de traballo co consejero de Cultura da Embaixada de España na Arxentina, Roberto Varela, co obxectivo de explorar novas vías de colaboración para reforzar a programación de actividades culturais vinculadas a Galicia e á colectividade española no país. No encontro abordáronse posibles iniciativas conxuntas que permitan ampliar a difusión da cultura galega a través de concertos, exposicións, ciclos audiovisuais e outras accións culturais.
Durante a reunión, Miranda puxo en valor a importancia de sumar esforzos entre institucións para fortalecer a presenza cultural de Galicia no exterior e seguir estreitando os vínculos coa colectividade. Neste sentido, ambas partes coincidiron na oportunidade de impulsar novas propostas que acheguen a cultura galega ao público arxentino e reforcen o papel das entidades da colectividade como espazos de encontro e promoción cultural. Recordou a colaboración coa Consejería Cultural da Embaixada de España no marco dos actos do Día da Hispanidade do pasado ano, nos que Galicia foi rexión convidada de honra.