A conselleira María Martínez Allegue mantén unha reunión de traballo coa alcaldesa da Pobra de Trives

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2026

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo coa alcaldesa da Pobra de Trives, Patricia Domínguez.

Nesta xuntanza, á que tamén asistiu a directora territorial da Consellería en Ourense, Pilar Fernández León, abordáronse actuacións en materia de infraestruturas, de interese para este municipio ourensán.

Este encontro enmárcase na liña de colaboración que vén mantendo a Xunta cos concellos para prestarlles apoio e poder impulsar proxectos que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica

Data de actualización: 12/03/2026