A Xunta apoia a campaña do Centro Comercial Aberto As Travesas de Vigo co gallo do Día do Pai
Vigo, 13 de marzo de 2026
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, asistiron hoxe ao acto de presentación da campaña co gallo do Día do Pai do Centro Comercial Aberto As Travesas, apoiada pola Xunta de Galicia no marco das axudas a este tipo de entidades. Unhas axudas que veñen precisamente de pechar o prazo de solicitude da súa edición de 2026, dotada con 2,5 M€.
O director xeral destacou a iniciativa presentada hoxe que deica o próximo domingo 22 de marzo premiará a fidelidade da clientela de proximidade, ao tempo que potenciará a colaboración co Mercado Municipal das Travesas, reforzando as sinerxías entre o comercio tradicional e os pequeno negocios de barrio. Lembrou que a orde deste ano dirixida aos centros comerciais abertos busca reforzar a súa excelencia e capacidade de dinamización a través de iniciativas coma esta, no marco do Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030.