Miguel Corgos destaca o compromiso da Xunta coa conservación do Mosteiro de San Salvador de Bergondo
O conselleiro de Facenda e Administración Pública e a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén Do Campo, asistiron á inauguración da programación que conmemora o 900 aniversario do primeiro documento conservado no mosteiro
Bergondo (A Coruña), 21 de marzo de 2026
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, destacou hoxe o compromiso da Xunta coa conservación do Mosteiro de San Salvador de Bergondo, reflectido na rehabilitación do Claustro desta xoia arquitectónica.
Durante a inauguración da programación que conmemora o 900 aniversario do primeiro documento conservado no mosteiro, á que tamén asistiu a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén Do Campo, o conselleiro quixo poñer en valor ademais as actividades que se desenvolverán con motivo desta celebración.
Corgos lembrou que, ao longo de todo o ano 2026, levaranse a cabo diversas iniciativas culturais e divulgativas, co obxectivo de crear unha programación dinámica que permita aos visitantes regresar en distintos momentos para descubrir novos contidos sobre a historia do mosteiro.