A Xunta é premiada no ámbito da innovación social pola súa xestión do Fondo Social Europeo Plus no pioneiro programa YAM, que promove a prevención do suicidio entre máis de 12.000 estudantes
O programa fomenta que escolares de 13 a 17 anos aprendan e debatan sobre saúde mental
Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2026
A Xunta foi premiada pola Unidade Administradora do FSE, dependente do Ministerio de Traballo e Economía Social, polo Programa YAM como actuación máis destacada no ámbito da innovación social. Este Programa ten por obxectivo, no ámbito da saúde mental, a prevención do suicidio en adolescentes e xa chega a máis de 12.000 estudantes de ensino secundario de Galicia, o..
O galardón foi recollido en Bilbao por representantes da Subdirección Xeral de Saúde Mental do Servizo Galego de Saúde e da Dirección Xeral de Cohesión e Fondos Europeos da Consellería de Facenda e Administración Pública. e.
O programa YAM, que responde ás siglas en inglés de xuventude consciente da saúde mental, está a ser desenvolvido este curso polas consellerías responsables en materia de Educación e Sanidade en 95 centros de ensino.
As sesións actualmente están dirixidas ao alumnado de 3º da ESO e nelas aprenden e debaten sobre saúde mental, cunha metodoloxía avaliada pola evidencia científica e deseñada polo Instituto Karolinska de Suecia.
O persoal instrutor YAM, pertencente ao Servizo Galego de Saúde e á Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, recibe unha formación intensiva por parte dun equipo da prestixiosa universidade sueca.
Ademais, coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, está aberto un programa de voluntariado social para que estes profesionais estean apoiados na aula por un axudante denominado Helper, que recibe unha formación para saber manter nas clases un clima que permita o desenvolvemento do programa, facilitar a participación do alumnado e prestar atención ás reaccións dos estudantes para poder avisar á persoa instrutora se fose precisa unha atención individual.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse a través da web voluntariadogalego.org.
O ‘Programa YAM’ está cofinanciado pola Unión Europea, a través do Programa FSE+ de Galicia 2021-2027.