No decurso do pregón desta celebración a cargo do canónico da Catedral de Santiago, Víctor Suárez
Xosé Merelles destaca a capacidade de dinamización turística da Semana Santa de Santiago de Compostela sobre a base da tradición e a espiritualidade
A Xunta de Galicia enriquecerá a programación desta celebración cunha mostra ao redor da camelia
Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2026
A cidade de Santiago de Compostela prepárase para vivir unha nova edición da súa Semana Santa consolidándose como un destino turístico de referencia grazas a unha proposta que combina tradición relixiosa, cultura e ocio para todos os públicos. O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu esta tarde á lectura do pregón a cargo do canónico da Catedral de Santiago, Víctor Suárez Gondar.
Durante o acto, o director de Turismo de Galicia puxo en valor a singularidade da Semana Santa de Santiago, unha celebración cunha fonda tradición que se remonta ao século XVI e que forma parte esencial da identidade patrimonial e espiritual da cidade. Na actualidade, 11 confrarías organizan un total de 17 procesións, desde o Venres de Dolores ata o Domingo de Resurrección, percorrendo o casco histórico compostelán.
A Semana Santa compostelá, recoñecida como Festa de Interese Turístico de Galicia desde 2018, constitúe unha das citas máis destacadas do calendario da cidade. Cunha tradición que se remonta ao século XVI, o programa inclúe 17 procesións organizadas por 11 confrarías, que percorrerán o casco histórico desde o Venres de Dolores ata o Domingo de Resurrección.
O director de Turismo de Galicia convidou a achegarse á cidade e a participar nesta celebración, reafirmando o valor de Santiago de Compostela como un destino único que representa a esencia de Galicia.