A Xunta cede á parroquia de San Vicente do Grove unha escultura realizada no CIFP de Cantería de Galicia

O conselleiro Román Rodríguez participa na inauguración da obra, elaborada en granito do país por un antigo alumno e que representa a Santa Librada

O Grove (Pontevedra), 21 de marzo de 2026

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, participou hoxe no acto de inauguración dunha escultura na Parroquia de San Vicente do Grove, unha peza realizada por un antigo alumno, Daniel Moreira, do convertido en Centro Integrado de FP Cantería de Galicia. Neste acto, puxo en valor o labor desenvolvido por profesionais vinculados historicamente á escola na proxección e prestixio destas ensinanzas.

A obra representa a Santa Librada ou Liberata, simbolizada nunha muller coroada e na cruz. Está realizada en granito do país, conta cunha altura de 132 centímetros e un peso aproximado de 250 quilos, e supón nun exemplo do traballo artesanal e artístico que se desenvolve neste centro formativo.

O representante do Goberno galego salientou a evolución da escola, que nos últimos anos adoptou a condición como Centro Integrado de Formación Profesional, permitindo, entre outras cuestións, o recoñecemento oficial das ensinanzas e a acreditación da experiencia profesional de persoas tituladas en etapas anteriores.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/03/2026