O delegado territorial celebra o Día Mundial da Árbore plantando 150 exemplares xunto aos alumnos do CEIP de Pontesampaio
2026-03-23
/documents/35297/2062013/diaarbor.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Pontevedra, 23 de marzo de 2026
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou esta mañá na celebración do Día Mundial da Árbore, xunto ao alumnado do CEIP de Pontesampaio.
Acompañado polo alumnado do centro e por un grupo de membros da comunidade de montes, así como por persoal forestal da Xunta, Reguera achegouse ao Rañadoiro para participar na plantación de preto de 150 castaños. O propio delegado contribuíu coa plantación dun carballo.
Reguera aproveitou a visita para destacar a importancia da educación medioambiental nas escolas e animou aos nenos e nenas presentes a seguir formándose para ser “homes e mulleres conscientes e respectuosos coa contorna”.
Departamento:
C. de Medio Ambiente e Cambio Climático
Data de actualización: 23/03/2026