Manuel Pardo recibe aos estudantes da Universidade de Vigo que lle presentaron un proxecto virtual sobre o funcionamento da ONU
2026-03-25
/documents/35297/2062019/250326+Proxecto+Simuilaci%C3%B3n+Naci%C3%B3ns+Unidas+1.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Ourense, 25 de marzo de 2026
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, recibiu esta mañá aos estudantes das delegacións da Facultade de Dereito e da Facultade de Relacións Internacionais da Universidade de Vigo do Campus de Ourense, que lle presentaron o proxecto universitario de Simulación de Nacións Unidas, que ten como obxectivo explicar á cidadanía o funcionamento da ONU e analizar a repercusión dos acordos que se levan a cabo na Comunidade Internacional nas persoas e institucións galegas.
Data de actualización: 25/03/2026