Lorenzana traslada ao alcalde de Xove o compromiso da Xunta para a dinamización económica deste municipio da mariña lucense
Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2026
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo esta mañá unha reunión de traballo co alcalde do municipio lucense de Xove, José Demetrio Salgueiro, na que analizaron as necesidades da zona en materia industrial e diversas actuacións para a súa dinamización económica, entre elas, os avances do proxecto de ampliación do parque empresarial de Camba.
Na xuntanza, a titular de Economía e Industria do Goberno galego, que estivo acompañada polo director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, e pola directora xeral de Estratexia industrial e Solo empresarial, Margarita Ardao e lembrou que os prazos de tramitación do polígono avanzan segundo o previsto logo de súa aprobación inicial o pasado 7 de xullo.
Xove conta co distintivo de Concello Emprendedor, sumándose así ao obxectivo da Xunta de poñer facilidades ao investimento empresarial para impulsar a reactivación económica e, polo tanto, ofrecer máis axilidade na tramitación administrativa, no acceso ao solo industrial e maiores incentivos fiscais.
Ademais, este municipio da mariña lucense foi beneficiario nos últimos anos de apoios da Administración galega, entre eles, para a mellora do aforro e a eficiencia enerxética ou para a implantación de enerxías renovables no municipio, entre outras.