A Xunta financia con 40.000 euros a instalación dun ascensor no mercado municipal das Neves

A subvención encádrase na liña de axudas para a mellora de infraestruturas de uso público da dirección xeral de Administración Local e beneficiou a 18 concellos da provincia de Pontevedra cun importe total de máis de 662.000 euros

As Neves (Pontevedra), 27 de marzo de 2026

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o resultado das obras de de instalación dun ascensor no edificio do mercado municipal das Neves, unha actuación que foi posible grazas a unha achega da Xunta de 40.000 euros.

A subvención encádrase na liña de axudas para a mellora de infraestruturas de uso público da dirección xeral de Administración Local, que beneficiou a 18 concellos da provincia de Pontevedra por valor de máis de 662.000 euros.

Neste sentido, o delegado territorial destacou a importancia da colaboración entre institucións e destacou “a importancia de implementar sistemas que fagan dos edificio públicos lugares máis accesibles para todos os veciño e veciñas”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/03/2026