A Xunta abrirá ao tráfico durante toda a Semana Santa o tramo da AG-57 afectado polo temporal ao seu paso por Gondomar

A Xunta retomará o luns día 6 de abril os traballos, optando novamente por seguridade ao corte dun carril sentido Baiona

O custe estimado desta intervención suporá un investimento de 110.000 euros

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2026

A Xunta vén de abrir ao tráfico os dous carrís da autoestrada do Val Miñor, ao seu paso por Gondomar, co obxectivo de favorecer a maior afluencia de circulación na AG-57 durante toda a Semana Santa.

As obras na AG-57 continúan avanzar, téndose xa rematados os traballos de bulonado para a estabilización do noiro e de gunitado (técnica de construción que consiste en aplicar formigón ou morteiro a alta presión mediante unha máquina especial, que se utiliza para crear estruturas continuas, sen xuntas, moi compactas e resistentes, sendo ideal para noiros). 

Seguindo a programación dos técnicos da obra, a Xunta retomará  luns 6 de abril os traballos de reparación do noiro que se desprendeu por mor dos recentes temporais deste ano. Deste xeito, comezaranse coas tarefas de perforación para a execución dos drenes californianos, retomarase por seguridade o corte de tráfico nun carril sentido Baiona.

Compre lembrar que aínda que este desprendemento non afectou á calzada, ante o posibles risco de desprendemento de material que quedou inestable na cabeza do noiro, optouse por seguridade por o corte de tráfico no carril sentido Baiona.

O custe estimado desta actuación suporá un investimento de preto de 110.000 euros.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/03/2026