Representantes da Xunta asisten á inauguración do primeiro almacén da empresa Obramat na provincia de Ourense
2026-04-13
/documents/35297/2086709/130426++Inauguraci%C3%B3n+do+almac%C3%A9n+Obramat+en+San+Cibrao+das+Vi%C3%B1as+1.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Ourense, 13 de abril de 2026
O delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo, e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asistiron esta mañá no polígono industrial de San Cibrao das Viñas á inauguración do novo almacén de Obramat, empresa referencia na distribución de materiais para a construción e a reforma.
Neste acto —no que tamén estiveron presentes o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, e a alcaldesa de San Cibrao das Viñas, Marta Nóvoa— preséntase o novo centro, que será o primeiro na nosa provincia e o terceiro en Galicia.
Departamento:
C. de Emprego, Comercio e Emigración
Data de actualización: 13/04/2026