A Xunta renova a súa colaboración coa Festa do Veciño de Celeiro de Mariñaos, en Barreiros, que se celebra este domingo
2026-04-15
/documents/35297/2086715/150426+Celeiro+de+Mari%C3%B1aos.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Barreiros (Lugo), 15 de abril de 2026
A Xunta renova a súa colaboración coa Festa do Veciño de Celeiro de Mariñaos, en Barreiros, que celebra a cuarta edición o domingo 19 de abril. A cita está organizada pola asociación veciñal da parroquia.
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, reuniuse hoxe con membros da comisión organizadora desta xornada de convivencia que reunirá a residentes e visitantes. O programa comeza ás 12,30 horas cunha actuación musical e a partir das 14,30 horas está previsto o xantar popular baixo unha carpa.
Arias lembrou que o Goberno galego colabora con entidades de toda a provincia para facilitar o desenvolvemento de actividades que fomenten a cohesión social e a participación cidadá.
Departamento:
C. de Cultura, Lingua e Xuventude
Data de actualización: 15/04/2026