Martina Aneiros recibe a representantes do Perla Mural Fest de cara á súa próxima edición

Ferrol, 15 de abril de 2026

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, mantivo hoxe unha reunión con representantes do Perla Mural Fest. No encontro puideron falar da próxima edición, que se celebrará en xuño, e sobre as posibles vías de colaboración entre o festival de arte urbano e o Goberno galego.

O Perla Mural Fest leva celebrándose dende o ano 2023 en Fene, conseguindo durante tres anos consecutivos que un mural de cada unha das súas edicións fora nomeado Mellor Mural do Mundo, o que converteu á localidade na única do mundo con tres destas distincións.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/04/2026