Medio Rural reforza a súa coordinación coa Unidade Militar de Emerxencias na loita contra os incendios forestais

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2026

O director xeral de Defensa do Monte da Consellería do Medio Rural, Manuel Francisco, mantivo hoxe unha xuntanza con mandos da Unidade Militar de Emerxencias (UME). No encontro participaron, por parte do Exército, o tenente coronel xefe do Quinto Batallón de Intervención en Emerxencias, Pablo Samaniego, e o comandante xefe de Relacións Institucionais do Batallón, Iván Fernández.

A reunión serviu para reforzar o traballo conxunto e a coordinación entre o Servizo de Prevención e defensa contra Incendios Forestais da Xunta de Galicia e esta unidade das Forzas Armadas na loita fronte o lume, especialmente no que atinxe aos labores de extinción.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/04/2026