O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destaca a boa acollida da nova convocatoria das axudas para mellora dos establecementos turísticos
Reguera visitou o complexo hoteleiro Santa María, no concello de Poio, que foi un dos beneficiados pola convocatoria do ano pasado
A convocatoria este ano recibiu máis de 390 solicitudes, das cales 153 corresponden a empresas da provincia de Pontevedra
Poio (Pontevedra), 17 de abril de 2026
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o complexo hoteleiro Santa María no concello e Poio, que foi un dos beneficiados ola convocatoria do pasado ano das axudas da Xunta para a mellora de establecementos turísticos.
En concreto, esta empresa recibiu unha achega de máis de 31.000 euros que lles permitiu realizar unha renovación integral do ascensor. Ademais, modificaron os cuartos de baños de sete habitacións, facéndoos máis accesibles ao substituír as bañeiras por pratos de ducha.
O delegado territorial explicou durante a visita que o prazo para solicitar a nova convocatoria estas axudas rematou a principios desta semana e volveu a ser un éxito ao rexistrar máis de 390 solicitudes en toda Galicia, das cales 153 corresponden a empresas da provincia de Pontevedra.
Reguera rematou a visita lembrando o compromiso da Xunta coa mellora do sector turístico, “un sector fundamental para a economía galega e que nos últimos anos se ten adaptado ara converterse nun valor estable e cada vez máis descentralizado e desestacionalizado”.
Cabe destacar que a convocatoria do ano 2025 contou cun orzamento de 4,5M€ en toda Galicia.