O conselleiro de Sanidade participou hoxe na cea solidaria organizada pola entidade

Gómez Caamaño pon en valor o labor da Asociación Española contra o Cancro de Ribeira no acompañamento aos pacientes oncolóxicos e ás súas familias

Destaca a “extraordinaria profesionalidade, a empatía e a implicación” coa sanidade pública do oncólogo Luis León, recoñecido na gala xunto co adestrador nacional de taekwondo Juan Luis Martínez Queiruga e a Asociación Cultural Barbantia

Boiro (A Coruña), 18 de abril de 2026

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, pon en valor o labor da Asociación Española contra o Cancro de Ribeira no acompañamento aos pacientes que sofren un proceso oncolóxico e no apoio ás súas familias.

O titular de Sanidade participou hoxe na cea solidaria organizada pola entidade en Boiro, sumándose así ao recoñecemento que a Asociación Española contra o Cancro de Ribeira lle quixo facer ao adestrador nacional de taekwondo Juan Luis Martínez Queiruga, ao oncólogo Luis León e á Asociación Cultural Barbantia, polo seu labor de promoción da lingua e a cultura galega.

Do oncólogo Luis León Gómez Caamaño resaltou a “súa extraordinaria profesionalidade” como oncólogo e investigador, a súa empatía cos pacientes e a súa implicación co sistema sanitario público.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/04/2026