O secretario xeral para o Deporte participa na presentación do Torneo Congalsa de fútbol base

A Pobra do Caramiñal (A Coruña), 21 de abril de 2026

O secretario xeral para o Deporte, Roberto García, participou hoxe na presentación do Torneo internacional Congalsa de fútbol base, que se disputará no campo da Alta de Cabío do 22 ao 24 de maio. 

Roberto García destacou o carácter solidario do torneo, en apoio da asociación Aladina de axuda a nenas e nenos enfermos de cancro e as súas familias, e incidiu en que representa unha oportunidade única para unir deporte e compromiso social.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/04/2026