A Xunta participa na presentación do proxecto Activa Rural transfronteirizo que busca responder ós retos do envellecemento e a despoboamento

Pontevedra, 22 de abril de 2026

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou hoxe na reunión de coordinación e presentación do proxecto Activa Rural Transfronteirizo que impulsa a Deputación de Pontevedra no marco do Interreg Poptec de cooperación entre rexións.

O obxectivo desta iniciativa financiada con fondos Feder busca responder ós retos derivados do envellecemento e a despoboamento rural. Neste sentido, o proxecto aposta pola creación dun modelo de coidados específico para estas áreas e denominado Aldeas Smarthaus pensadas para a innovación no benestar, saúde integral, coidados específicos e envellecemento activo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/04/2026