A conselleira María M. Allegue, mantivo unha reunión de traballo co alcalde de Ribadumia

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2026

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde de Ribadumia, David Castro.

No encontro mantido esta mañá na delegación territorial da Xunta en Pontevedra, e no que tamén estivo o delegado territorial da Xunta, Agustín Reguera, abordáronse actuacións vencelladas ao urbanismo, de interese para este municipio.

A reunión enmárcase na liña de colaboración que vén mantendo o departamento que dirixe María M. Allegue cos concellos, prestándolles apoio para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 28/04/2026