A delegada territorial da Xunta en Ferrol reúnese con membros da directiva do Real Coro Toxos e Froles

Ferrol, 28 de abril de 2026

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, mantivo esta mañá unha reunión con representantes da directiva do Real Coro Toxos e Froles coa finalidade de estudar posibles vías de colaboración.

Martina Aneiros aproveitou a ocasión para loar o traballo levado a cabo pola entidade ferrolana ao longo dos seus 111 anos de historia, e destacou a súa contribución á promoción da música tradicional galega na zona.

O encontro enmárcase na rolda de contactos que a delegada territorial vén mantendo co tecido asociativo da zona coa finalidade de coñecer de primeira man as súas  necesidades e demandas relacionadas coa Administración autonómica.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 28/04/2026