O seguimento na quenda de tarde da folga médica contra o Estatuto Marco do Goberno central acada o 1,93 % na Sanidade Pública Galega

Nos servizos de atención hospitalaria o seguimento da folga é do 1,88 %

No que atinxe á atención primaria, o seguimento da folga en rexeitamento do borrador presentado polo Ministerio de Sanidade acada o 1,94 %

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2026

O seguimento da folga de médicos a nivel nacional convocada contra o Estatuto Marco promovido polo Goberno central na quenda de tarde deste mércores foi do 1,93 % nos centros sanitarios da comunidade galega.

A porcentaxe de participación nos sete grandes hospitais do Servizo Galego de Saúde, na quenda de tarde, acadou o 2,28 %. En canto aos hospitais comarcais, a folga non tivo seguimento na quenda de tarde. No seu conxunto, a actividade hospitalaria contou cunha participación na folga do 1,88 %.

No que atinxe á atención primaria, o seguimento da folga en rexeitamento do borrador presentado polo Ministerio de Sanidade acadou o 1,94 % de participación.

No total dos dous niveis asistencias a folga tivo un seguimento do 1,91 %.

Por centros hospitalarios, o paro foi secundado polo 0,92 % dos profesionais médicos  do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña; polo 2,78 % no Hospital Universitario Lucus Augusti; polo 4,21 % no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense; polo 6,76 % no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e polo 1,82 % no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Nos restantes centros hospitalarios, tanto hospitais xerais como comarcais, a folga non foi secundada na quenda de tarde.

En canto ao seguimento en atención primaria durante a quenda de tarde, por áreas sanitarias, foi o seguinte: na área sanitaria da Coruña e Cee, o 3,05 %; na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 1,56 %; na área de Pontevedra e O Salnés, o 2,22 % e na área sanitaria de Vigo polo 3,52 %. O paro non tivo seguimento no resto de áreas sanitarias.

Pola súa banda, en entidades sanitarias como son a Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), a empresa pública de servizos sanitarios Galaria e a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o seguimento na quenda de tarde acadou o 2,44 %. 

O Servizo Galego de Saúde conta na xornada de hoxe coa cobertura do 100 % dos servizos mínimos, garantindo a actividade asistencial urxente e de emerxencias.

Data de actualización: 29/04/2026