A conselleira Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde das Neves

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2026

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde das Neves, José Manuel Alfonso.

No encontro mantido esta tarde en San Caetano, e no que tamén estivo o director territorial da Consellería en Pontevedra, José Manuel González, abordáronse actuacións en materia de infraestruturas, de interese para este municipio.

A reunión enmárcase na liña de colaboración que vén mantendo a conselleira Allegue cos concellos, prestándolles apoio para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/04/2026