Arias asiste á inauguración dunha exposición sobre a Garda Real no Círculo das Artes de Lugo

Lugo, 30 de abril de 2026

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, asistiu hoxe no Círculo das Artes de Lugo á inauguración dunha exposición dedicada á Garda Real, no marco do programa de actividades que a unidade militar desenvolverá na provincia ao longo da vindeira semana.

A mostra, que se poderá visitar entre o 5 e o 9 de maio, reúne uniformes, vehículos e outros materiais que permiten coñecer a evolución, a organización e as funcións deste corpo ao servizo da Coroa española.

Durante o acto presentouse tamén o programa do despregue que a Garda Real realizará na provincia dende o próximo martes, no que participarán preto de 600 efectivos xunto con diversos medios terrestres, cabalos e cans. Esta presenza combina actividades de adestramento con accións abertas ao público para dar a coñecer o seu labor e funcionamento.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 30/04/2026