O seguimento na quenda de tarde da folga médica contra o Estatuto Marco do Goberno central acada o 2,45 % na sanidade pública galega

Nos servizos de atención hospitalaria o seguimento da folga é do 2,97 %, sen seguimento nos hospitais comarcais

No que atinxe á atención primaria, o seguimento da folga en rexeitamento do borrador presentado polo Ministerio de Sanidade acada o 2 %

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2026

O seguimento da folga de médicos a nivel nacional convocada contra o Estatuto Marco promovido polo Goberno central na quenda de tarde deste xoves foi do 2,45 % nos centros sanitarios da comunidade.

A porcentaxe de participación nos sete grandes hospitais do Servizo Galego de Saúde, na quenda de tarde, acadou o 3,59 %. En canto aos hospitais comarcais, non contou con seguimento. No seu conxunto, a actividade hospitalaria contou cunha participación na folga do 2,97 %.

No que respecta á atención primaria, o seguimento da folga en rexeitamento do borrador presentado polo Ministerio de Sanidade acadou o 2 % de participación.

No total dos dous niveis asistencias, a folga tivo un seguimento do 2,53 %.

Por centros hospitalarios, o paro foi secundado polo 1,87 % no caso do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña; o 8,57 % no caso do Hospital Universitario Lucus Augusti; o 4,76 % no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense; o 11,76 % no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra; e o 0,99 % no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. O paro non contou con seguimento no caso do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela e no do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, nin tampouco nos hospitais comarcais.

En canto ao seguimento en atención primaria na quenda de tarde, por áreas sanitarias, foi o seguinte: área sanitaria da Coruña e Cee, 1,24 %; área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, 1,75 %; área sanitaria de Ferrol, 2,78 %; área sanitaria de Vigo, do 5,38 %; e sen seguimento nas áreas sanitarias de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; e de Pontevedra e O Salnés. 

Pola súa banda, en entidades sanitarias como son a Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), a empresa pública de servizos sanitarios Galaria e a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, non contou con seguimento na quenda de tarde .

O Servizo Galego de Saúde conta na xornada de hoxe coa cobertura do 100 % dos servizos mínimos, garantindo a actividade asistencial urxente e de emerxencias.

Data de actualización: 30/04/2026