Martina Aneiros destaca ante ASCM as axudas para vehículos adaptados que abren o 13 de maio

Ferrol, 8 de maio de 2026

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, recibiu esta mañá a representantes da Asociación Sociocultural ASCM, co fin de coñecer as actividades e proxectos nos que se atopa inmersa a entidade e seguir avanzando na colaboración con esta entidade social.

Durante a reunión, a representante do Goberno galego aproveitou para informarlles de novas convocatorias de subvencións autonómicas das que se poden beneficiar como entidade social. Entre elas, destacou as axudas para a adquisición de vehículos adaptados que faciliten a prestación de servizos a persoas dependentes ou con discapacidade, cuxo prazo de solicitude abrirá o próximo día 13 de maio.

Esta orde conta cun orzamento de 500.000 euros, e as axudas cubrirán o 100% do investimento subvencionable, podendo chegar ata un máximo de 50.000 euros. Para cada persoa solicitante será subvencionable, como máximo, un único vehículo, e as solicitudes poderán presentarse ata o 15 de xuño.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/05/2026