O avance nas obras da Xunta da nova pasarela peonil na OU-150 en Cudeiro, no concello de Ourense, fará necesario o corte do trafico este vindeiro martes
Tratase de levar a cabo a montaxe dunha pasarela na contorna do punto quilométrico 1+000 da OU-150, independente da ponte actual, que salva o paso sobre o rego Val dos Gozos
A previsión inicial e que esta afección ao tráfico comece o martes, ás 7,00 horas e remate o mesmo venres día 15
Durante o tempo que duren estas restricións habilitaranse itinerarios alternativos para facilitar a mobilidade do tráfico
Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2026
O avance nas obras da nova pasarela peonil na estrada OU-150 en Cudeiro, no concello de Ourense, fará necesario realizar o corte de tráfico no entorno da ponte próxima ao citado núcleo, desde as 7,00 horas do martes, día 12 de maio, desta vindeira semana,.
A restrición da circulación é necesaria para levar a cabo a montaxe dunha pasarela, o que fará necesario este martes o corte total da circulación, sendo a previsión inicial rematar a actuación entre o mércores e o xoves. Os responsables da execución das obras estiman a apertura da circulación nesta entorna, ao longo do venres 15.
Durante o tempo que duren estas restricións habilitarase o correspondente itinerario alternativo para facilitar a mobilidade do tráfico.
A intervención
O obxectivo desta actuación, na que a Xunta está a investir máis de 435.000 euros, e levar a cabo as actuacións necesarias para a execución dunha pasarela peonil na contorna do punto quilométrico 1+000 da estrada OU-150, independente da ponte actual, que salva o paso sobre o rego Val dos Gozos, no que existe un estreitamento de calzada, co fin de mellorar a seguridade peonil nese ámbito.
Así, durante estas últimas xornadas está a organizarse os traballos previos para iniciar a instalación desta nova infraestrutura. O conxunto da pasarela realizouse en fábrica en 3 partes que se transportarán o propio día 12 e colocaranse con dúas autogrúas. Primeiro o apoio central e despois cada un dos dous vans, que se ensamblarán con unións aparafusadas.