Rueda recibe aos xogadores e equipo directivo do Monbus Obradoiro tras confirmarse o seu ascenso á ACB

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, recibiu hoxe aos xogadores e equipo directivo do Monbus Obradoiro tras confirmarse o pasado venres o seu ascenso á liga ACB.

Durante a recepción, na que estivo acompañado polo conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, o titular do Executivo galego felicitounos por todo o conseguido durante esta tempada e desexoulles tamén unha entrada na máxima categoría do baloncesto chea de éxitos. Neste sentido, destacou que “en básquet tamén somos Galicia Calidade”, agardando que a vindeira tempada a nosa comunidade o sexa “especialmente cunha presenza galega moi potente”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/05/2026