O 061 de Galicia asistiu 53 persoas por 45 accidentes de tráfico durante a fin de semana
Desde as 15,00 horas do venres, 8 de maio ata as 23,59 horas do domingo, 10 de maio, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 58 chamadas por accidentes de tráfico
A Estrada (Pontevedra), 11 de maio 2026
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 53 persoas debido a 45 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 8 de maio, ata as 23,59 horas do domingo, 10 de maio. O sábado foi o día que rexistrou máis sinistros, con 23 accidentes de tráfico.
A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 58 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 45 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 53 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 54% e do 46% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 39% dos atendidos tiña entre 30 e 44 anos.
Por provincias, A Coruña foi a que máis sinistros rexistrou con 23 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.
|
Provincia |
Accidentes |
|
A Coruña |
23 |
|
Lugo |
4 |
|
Ourense |
6 |
|
Pontevedra |
12 |
|
Galicia |
45 |
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 52. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en seis accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 41 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en cinco accidentes.
En 42 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 11 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.