O seguimento na quenda de mañá da folga médica contra o Estatuto Marco do Goberno central acada o 15,38 % na sanidade pública galega

Nos servizos de atención hospitalaria o seguimento da folga é do 20,55 %

No que atinxe á atención primaria, o seguimento da folga en rexeitamento do borrador presentado polo Ministerio de Sanidade acada o 2,09 %

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2026

O seguimento da folga de médicos a nivel nacional convocada contra o Estatuto Marco promovido polo Goberno central na quenda de mañá deste luns foi do 15,38 % nos centros sanitarios da comunidade.

A porcentaxe de participación nos sete grandes hospitais do Servizo Galego de Saúde, na quenda de mañá, acadou o 21,41 %. En canto aos hospitais comarcais, o seguimento foi do 11,20 %. No seu conxunto, a actividade hospitalaria contou cunha participación na folga do 20,55 %.

No que respecta á atención primaria, o seguimento da folga en rexeitamento do borrador presentado polo Ministerio de Sanidade acadou o 2,09 % de participación.

No total dos dous niveis asistencias, a folga tivo un seguimento do 15,53 %.

Por centros hospitalarios, o paro foi secundado polo 24,27 % no caso do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña; o 18,95 % no caso do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela; o 14,85 % no caso do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol; o 14,86 % no caso do Hospital Universitario Lucus Augusti; o 20,98 % no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense; o 21,94 % no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra; e o 26,82 % no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. 

No caso dos hospitais comarcais, o seguimento acadou o 5,66 % no Hospital Público de Cee; o 10,29 % no Hospital Público de Barbanza; o 8,55 % no Hospital Público da Mariña; o 10,81 % no Hospital Público de Monforte de Lemos; o 4,92 % no Hospital Público do Barco de Valdeorras; o 13,11 % no Hospital Público de Verín; e o 24,00 % no Hospital do Salnés.

En canto ao seguimento en atención primaria na quenda de mañá, por áreas sanitarias, foi o seguinte: na da Coruña e Cee, 0,27 %; na de Santiago de Compostela e Barbanza, 1,27 %; na de Ferrol, 3,82 %; na de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, 1,84 %; na de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 2,12 %; na de Pontevedra e O Salnés, 2,90 %; e na de Vigo, do 3,38 %.   

Pola súa banda, a folga non tivo seguimento nas entidades sanitarias como son a Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), a empresa pública de servizos sanitarios Galaria e a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

O Servizo Galego de Saúde conta na xornada de hoxe coa cobertura do 100 % dos servizos mínimos, garantindo a actividade asistencial urxente e de emerxencias.

Data de actualización: 18/05/2026