Martina Aneiros recibe á presidenta da AVV de Caamouco

Ferrol, 18 de maio de 2026

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, mantivo esta mañá unha reunión coa presidenta da recentemente creada Asociación Veciñal de Caamouco, co fin de coñecer as actividades e proxectos nos que se atopa inmersa a entidade e abrir vías de colaboración.

O encontro enmárcase na rolda de contactos que a delegada territorial vén mantendo co tecido asociativo da zona co obxecto de coñecer de primeira man as súas necesidades e demandas relacionadas coa Administración autonómica.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/05/2026