A Xunta homenaxea ao persoal xubilado no último ano na Delegación Territorial de Ferrol
Ferrol, 22 de maio de 2026
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, trasladou esta mañá o agradecemento do Goberno galego ao persoal da Administración autonómica adscrito á Delegación Territorial de Ferrol que se xubilou no último ano.
No evento, que se desenvolveu no salón de actos da Delegación, rendeuse homenaxe a oito profesionais de distintas consellerías aos que se lles fixo entrega dunha placa conmemorativa.
Aneiros puxo en valor o seu traballo dedicado ao exercicio do servizo público “feito con profesionalidade, empatía e constancia, que dá sentido á administración e fortalece a confianza da veciñanza nas institucións” e agradeceulles a súa entrega e compromiso ao longo de toda a súa carreira profesional. Por último, manifestoulles os seus mellores desexos para esta nova etapa que comezan.