A Xunta apoia a Feira de Primavera de Emprendedoras, que se celebrará o vindeiro sábado en Lugo

Lugo, 27 de abril de 2026

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou hoxe na presentación da quinta edición da Feira de Primavera de Emprendedoras de Lugo, que se celebrará na Praza Maior da cidade o vindeiro sábado día 30 baixo o título “Artesanía e Innovación no Rural”.

O delegado destacou que esta iniciativa, que organiza o Campus Terra, proporciona “un punto de encontro entre a investigación académica e os sectores produtivos da provincia” á vez que supón “unha plataforma para o talento das persoas emprendedoras”.

A feira contará con 25 postos de exposición e venda que permanecerán abertos entre as 10:30 e as 18:30 horas. Celebraranse tamén dúas mesas redondas sobre o desenvolvemento do sector artesán e un obradoiro para aprender a tecer coa técnica de felpado ou gorullo. Ademais, haberá zona gastronómica, sesión vermú e animación musical.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/05/2026