Arias aplaude a iniciativa de Auxilia para promover o talento local en colaboración con Ritmolugo

Lugo, 25 de maio de 2026

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na iniciativa impulsada por Auxilia para difundir o talento local entre os seus usuarios, nesta ocasión en colaboración coa escola de baile Ritmolugo. Aplaudiu que a entidade “estea promovendo un espazo para poñer en valor aos artistas, creadores ou deportistas lucenses” e lembrou que tamén mantiveron un encontro co artista Diego As, o Mago Rafa ou o membros do CB Breogán, entre outros.

Durante a actividade de hoxe, representantes de Ritmolugo tiveron a oportunidade de explicar o traballo intenso que hai detrás das actuacións e dos títulos conseguidos por algúns dos seus deportistas en competicións nacionais e internacionais; tamén realizaron unha demostración de baile.

Auxilia traballa pola plena inclusión das persoas con discapacidade física e a Xunta apoia o seu labor a través de distintas accións. Así, vén de renovar a axuda para o programa “Diversas pero iguais” que desenvolve a asociación; alcanza este ano a súa décimo segunda edición e recibe unha achega de 12.800 euros da Consellería de Política Social e Igualdade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/05/2026