O secretario xeral para o Deporte participa na presentación das ligas de baloncesto e de fútbol sala Special Olympics 2026
2026-05-27
/documents/35297/2136625/20260527SXDPresentacionSpecialOlympics+%284%29.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 27 de maio de 2026
O secretario xeral para o Deporte, Roberto García, participou hoxe na presentación das ligas de baloncesto e de fútbol sala Special Olympics 2026.
Nestas ligas, que se desenvolverán ao longo de seis xornadas, participarán 19 equipos e 213 deportistas con discapacidade intelectual pertencentes a entidades sociais das catro provincias galegas.
Departamento:
Secretaría Xeral para o Deporte
Data de actualización: 27/05/2026