O delegado territorial da Xunta en Ourense presenta a 5ª edición do ciclo ‘Rock entre pedra e poesía’

Ourense, 28 de maio de 2026

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou esta mañá, acompañado do director da área de Cultura e Deporte  da Deputación Provincial, Marcos Vázquez, e do alcalde de Celanova, Antonio Puga, na presentación da quinta edición do Ciclo Rock entre Pedra e Poesía, que se celebrará no claustro do mosteiro de San Salvador de Celanova o 23 de agosto  co concerto de Xoel López.

O delegado territorial sinalou que iniciativas como as que hoxe estamos a presentar, patrocinadas por Turismo de Galicia, coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense e do  concello de Celanova, teñen como principal obxectivo, que a través da música, se resalten espazos de incalculable valor patrimonial e cultural como ten a provincia de Ourense.

O prezo das entradas, xa  á venda  en Ataquilla.com, teñen un prezo individual de 33 euros mías gastos de xestión da empresa distribuidora e o aforo dos mesmos terá un máximo de 800 persoas sentadas con asiento garantido por orde de chegada. A hora de comezo será ás 21,00 horas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 28/05/2026