Javier Arias participa en Lugo na conmemoración do 182 aniversario da Fundación da Garda Civil
2026-05-28
/documents/35297/2136628/FundacionGC+1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Lugo, 28 de maio de 2026
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, asistiu esta mañá ao acto institucional da conmemoración do 182 aniversario da Fundación da Garda Civil que se celebrou na Comandancia de Lugo.
No transcurso do evento deuse lectura aos decretos fundacionais do Corpo da Garda Civil do ano 1844, procedeuse á imposición de condecoracións e rendeuse homenaxe ao persoal que pasou á reserva ou retiro no último ano. A celebración incluíu tamén un recordo especial aos efectivos falecidos no cumprimento das súas funcións.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 28/05/2026