A Xunta de Galicia celebra a consolidación do recinto feiral de Expourense como referente da dinamización socioeconómica da contorna

Ourense, 3 de xuño de 2026

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou esta mañá na presentación da Memoria de Actividades 2025 de Expourense. Na súa intervención, Alén puxo en valor as máis de 111.000 visitas acadadas polo recinto feiral nas diferentes citas do ano pasado, consolidándose como referente da contorna pola súa capacidade de atracción a través dos eventos, xornadas, formacións e competicións que acolle.

O director xeral aproveitou para resaltar que os recintos feirais de Galicia teñen a capacidade de amosar ao sector as últimas novidades comerciais , cun gran potencial para xerar sinerxías de xestión, captación, coordinación e programación de eventos. Engadiu que o Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030 dedica unha das súas liñas ao impulso dunha rede autonómica de recintos feirais para que poidan exercer o  liderado no eido da modernización e da dixitalización do comercio local.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/06/2026