A Xunta destaca o labor da biblioteca escolar do colexio CEIP Plurilingüe Irmáns Villar de Ourense
A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa subliña a calidade e a orixinalidade das actividades na inauguración da mostra ‘Viaxe á creatividade’
Ourense, 5 de xuño de 2026
A Xunta destaca o labor das bibliotecas escolares coma o que desenvolve con éxito o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar de Ourense. A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, participou hoxe na inauguración da mostra Viaxe á creatividade neste centro, unha exposición que ensina o traballo levado a cabo durante o curso e que pon en valor a orixinalidade do alumnado.
Este colexio participa no Plan de mellora de mibliotecas escolares (Plambe) desde o curso 2019/2020 e tamén no programa Bibliotecas solidarias. Ademais, nos cursos 2022/2023 e 2024/2025 foi seleccionado polo Goberno galego como un bo exemplo de voluntariado de lectura por ser quen de mellorar a comprensión e fomentar este hábito entre a cativada a través de sesións de acompañamento e lecturas compartidas.
A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP subliñou a calidade das actividades que nacen da biblioteca escolar, que no caso deste centro recibiu nos últimos catro anos unha partida de preto de 6.000 euros para desenvolver as iniciativas incluídas na diferentes accións programadas por este departamento.