A conselleira María Martínez Allegue asiste á celebración do Corpus Christi en Pontevedra

Pontevedra, 7 de xuño de 2026

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, asistiu hoxe á celebración da festividade do Corpus Christi en Pontevedra.

Allegue asistiu primeiro á misa oficiada na igrexa parroquial de San Bartolomé e posteriormente participou na procesión que percorreu as rúas desta contorna para finalizar na praza da Peregrina.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 07/06/2026